ELIMINACIÓN DE ZONAS ABANDONAS QUE PODAN SERVIR DE REFUXIO PARA A FAUNA SILVESTRE PRÓXIMAS AOS CULTIVOS. PARALIZACIÓN E REPOSICIÓN DA LEGALIDADE NO CASO DE FORESTACIÓNS ILEGAIS DE TERRAS AGRARIAS
PROGRAMA DE SANIDADE ANIMAL EFICAZ E SUFICIENTEMENTE DOTADO PARA O TRATAMENTO DAS ENFERMIDADES DA FAUNA SILVESTRE E QUE GARANTA QUE NON HAXA UN CONTAXIO DE ENFERMIDADES Á CABANA DOMÉSTICA (tuberculose, brucelose, peste porcina, triquinose, sarna…) Está a haber un incremento alarmante das enfermidades de carácter contaxioso propagadas por especies salvaxes dentro e fóra de Galiza. Así estamos asistindo á aparición de novos focos de peste porcina africana, tuberculose bovina ou brucelose no gando; ou a transmisión da Enfermidade de Lyme nas persoas a través da carracha do corzo (Ixodes ricinus), que pode causar graves consecuencias na saúde humana e mesmo a morte. Agora mesmo, non se está a facer practicamente nada ao respecto e debería haber un programa de control sanitario suficientemente dotado en orzamento e medios para evitar futuras crises sanitarias e que involucrase consellarías como Medio Ambiente, Medio Rural e Sanidade.
FINANCIAMENTO DO 100% DAS MEDIDAS DE PROTECCIÓN MÁIS ACAÍDAS A CADA CASO como mallas electrificadas, cobertura de custes na tenza de cans gardiáns, etc.