Novas

  • O SLG non asistirá aos premios do Ribeiro en solidariedade cos viticultores e as viticultoras afectadas polas xeadas

    O SLG non asistirá aos premios do Ribeiro en solidariedade cos viticultores e as viticultoras afectadas polas xeadas

    • 16,Xuñ 2017
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    Para o Sindicato Labrego Galego resulta insultante non só a falla de apoios a centos de viticultores e viticultoras que teñen, agora mesmo, seriamente ameazado o seu medio de vida polas perdas ocasionadas polas xeadas; senón tamén a teima da Consellaría de Medio Rural en culpabilizalos por non ter subscrito uns seguros agrarios deseñados nos despachos de Madrid que non se adaptan á realidade dos nosos viñedos nin da nosa viticultura. Respectamos e consideramos necesario o labor de promoción que desenvolve a denominación de orixe Ribeiro con eventos como esta entrega de premios; pero cremos que, neste 2017, a viticultura ourensá non está para cerimonias nin festas.