Novas

  • O Sindicato Labrego Galego celebra mañá en Guitiriz o seu Congreso do sector da carne de vacún

    O Sindicato Labrego Galego celebra mañá en Guitiriz o seu Congreso do sector da carne de vacún

    • 10,Feb 2017
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    Precisamente, os debates congresuais van virar sobre as principais problemáticas coas que terá que lidar este grupo de traballo e sobre as que tomará decisións a Dirección de Vacún de Carne do SLG: dende os tratados de libre comercio e as desastrosas políticas agrarias á, decotío, difícil convivencia entre a profesión gandeira e a fauna salvaxe; dende a crise crónica de prezos baixos que non chegan aos 5 € por quilo, a unha Política Agraria Común (PAC) argallada dende os despachos de Bruxelas e Madrid que segue sen adaptarse ás necesidades dos labregos e labregas.

    Desta maneira, o Sindicato Labrego Galego dá continuidade a un proceso congresual iniciado en 2016 co IX Congreso da organización agraria e o do sector de Horta, Froita e Flor.

    De cara a facilitar o labor dos medios de comunicación, enviaremos un comunicado e fotografías do congreso o sábado pola tarde. De seguido, compartimos con vós a orde do día do congreso:

    CONGRESO SECTORIAL DE VACÚN DE CARNE
    SINDICATO LABREGO GALEGO

    Guitiriz (Escola Habanera, rúa do Concello), 11 de febreiro de 2017

    ORDE DO DÍA

    11:00.- Recepción de congresistas e entrega da documentación.

    11:15.- Benvida ás/aos participantes.

    11:20.- Elección da Mesa do Congreso.

    11:30.- Presentación da Orde do día do congreso sectorial de vacún de carne e aprobación da mesma.

    11:35.- Debate de emendas ao Regulamento do Congreso e aprobación do mesmo.

    11:45.- Presentación do Relatorio do Congreso

    11:55.- Debate das emendas presentadas ao Relatorio do Congreso de vacún de carne.

    13:15.- Aprobación do relatorio do congreso de Vacún de Carne do SLG

    13:30.- Presentación da Dirección Sectorial de vacún de carne e elección pola mesma do/a Responsábel e Viceresponsábel de sector e grupo de traballo da dirección.

    14:00.- Clausura do Congreso

    14:30.- Xantar

    Congreso Vacún de Carne