Novas

  • A Secretaría das Mulleres do SLG apoia as manifestacións en repulsa polo asasinato machista do Carballiño

    A Secretaría das Mulleres do SLG apoia as manifestacións en repulsa polo asasinato machista do Carballiño

    • 31,Xan 2017
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    Como xa temos demandado dende a Secretaría das Mulleres, asasinatos como este acontecido no Carballiño poñen de manifesto a necesidade de dotar con máis medios humanos, materiais e normativos a loita contra a violencia machista. E mentres iso non aconteza, seguiremos saíndo á rúa non só para condenar, senón tamén para esixir a implicación a fondo e sen escusas das administracións para erradicar esta lacra que, no último decenio, supuxo a morte de 46 mulleres na Galiza.

    Concentracións MMM 31-X