Novas

  • 4 de decembro: I FORO LABREGO DE AGROECOLOXÍA

    4 de decembro: I FORO LABREGO DE AGROECOLOXÍA

    • 23,Nov 2016
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    I FORO LABREGO DE AGROECOLOXÍA

    DOMINGO 4 DE DECEMBRO DE 2016

    Comezo: 10:00 / Remate: 20:00

    Lugar: Antigo Matadoiro de Betanzos (zona Ribeira)

    Xantar: Leira Longa (comida ecolóxica e local de Carral)

    10:00: Presentación da xornada.

    10:20: Ponencias: ” A Potencialidade da Agroecoloxía da Galiza”

    • Isabel Vilalba Seivane (Sindicato Labrego Galego)
    • Xavier Simón (Do Grupo de Investigación de Agroecoloxía da Universidade de Vigo).
    • Xoán Doldán ( do Grupo de Investigación de Bioeconomía da Universidade de Santiago de Compostela)

    11:10: Rolda de preguntas

    11:30.- DARLLE A VOLTA

    Visibilización de proxectos agroecolóxicos que ou ben mudaron os modos de produción ou son proxectos que naceron da nada, vindo as persoas que os integran doutros sectores.

    • GRANXAS LOUSADA. Granxa multifuncional. (Irixoa)
    • VITICULTORAS DA TERRA. Recuperación viñedos.
    • CARABUÑAS. Conservas e licores con bagas de sabugueiro.

    12:00: Rolda de preguntas desta mesa

    12:30: DESCANSO

    12:50.- EXPERIENCIAS AGROECOLÓXICAS DE TRANSFORMACIÓN 

    Visibilización de experiencias que fan transformación ou envasados nas propias fincas ou granxas para a venda directa.

    • AMAYUELAS (Palencia). Aldea agroecolóxica e pequeno matadoiro.
    • COOPERATIVA RIBEIRA DO NAVIA Transformación e venda directa de derivados de froitas e froitos do monte. (Negueira de Muñiz)
    • AMARELANTE SCG. Comercialización e transformación de castaña.(Manzaneda)

    13:50: Rolda de preguntas desta mesa

    14:15: Xantar de produtos agroecolóxicos

    16:00.- ORGANIZACIÓNS SOCIAIS E CONSUMO

    Visibilización de organizacións de consumidoras/es, de labregas e labregos que loitan pola Agroecoloxía e a Soberanía Alimentaria.

    • URGENCI INTERNACIONAL (Orgzanición que traballa coas CSA – Community Supported Agriculture)
    • SPG A Gavela. Sistema Participativo de Garantía na provincia de Pontevedra.
    • Mercado da Terra de Lugo. Mercado agroecolóxico autoxestionado.
    • Grupo de consumo Zocamiñoca. Cooperativa de consumo (A Coruña)

    17:30: Rolda de preguntas e descanso

    18:00.- GRUPOS DE TRABALLO

    Contaremos con Rexenerando SCG para axudar coa dinamización e a consecución dos obxectivos da xornada.

    RELATORIO FINAL E CONCLUSIÓNS – PECHE DA XORNADA

    I Foro Agroecoloxia