Novas

  • Romanía acolle o II Foro Nyéléni, o mayor evento ao redor da soberanía alimentaria celebrado en Europa até a data

    Romanía acolle o II Foro Nyéléni, o mayor evento ao redor da soberanía alimentaria celebrado en Europa até a data

    • 27,Out 2016
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    Entre as participantes, están as nosas compañeiras Isabel Vilalba Seivane, secretaria xeral do SLG, e Celsa González Ogando. Durante esta semana, tanto elas coma o resto de participantes e delegacións terán a oportunidade de presentar os obstáculos e problemáticas na agricultura e na produción de alimentos en cada país e intercambiar experiencias para avanzarmos cara a maiores cotas de soberanía alimentaria.

    Respecto a este e outros foros sobre soberanía alimentaria que toman o nome de Nyéléni, deixámosvos coa historia desta muller lendaria que desafiou o tempo que lle tocou vivir e de quen tomamos prestado o nome no I Foro sobre Soberanía Alimentaria de Mali en 2007: “Nyéléni era filla única, o que en África se consideraba unha maldición, e sufriu na mocidade todas as ofensas das que seu pai e súa nai foron obxecto pola súa causa. Daquela, concibiu en segredo a idea de lavar as aldraxes que os homes lle causaran baténdoos no seu propio terreo, é dicir, na agricultura e nos traballos do campo. A todo pretendente repetíalle incansablemente que o matrimonio podía agardar, que antes ela tiña unha misión que cumprir, como homenaxe á súa familia e a todas as mulleres, e que iso era a súa prioridade. Nas competicións agrícolas, Nyéléni superaba a todos os campións, a homes reputados na súa aldea e nas dos arredores. A súa sona ía medrando. Os homes máis arrogantes desafiaban á campioa día tras día, e para a súa desgraza remataban sempre vencidos. A reputación de Nyéléni estendeuse máis alá da súa rexión, converténdose nun mito vivinte. Conta a lenda que foi ao comezo do inverno, é dicir, na estación das choivas, cando domesticou o fonio, un cereal; e que tamén lle debemos a ela unha variedade de paínzo chamada samio” #Nyeleni.

    II Foro Nyéléni

    Diversas imaxes do foro. Na última delas, Celsa González e Isabel Vilalba coa coordinadora xeral da Vía Campesina, Elizabeth Mpfou