…senón que o resto da poboación tamén se verá damnificada polo impacto medioambiental que vai supoñer, especialmente sobre a calidade do aire e sobre as augas fluviais que discorren por zonas de consumo tan importantes e poboadas como o concello de Santiago de Compostela.
Por todo isto, o Sindicato Labrego Galego apoiará accións como a recollida de sinaturas contra o vertedoiro ou a creación dunha plataforma comarcal que nos defenda deste e doutros proxectos similares que se pretendan levar a cabo; neste senso, cómpre lembrar que, recentemente, pretendeuse desenvolver un proxecto semellante na parroquia de Campo, no concello de Trazo.
De maneira inmediata, o SLG convocará a súa afiliación ao pleno extraordinario no concello de Ordes no que se someterán a debate o rexeitamento da instalación deste vertedoiro e da centralización do almacenamento e xestión do lixo de toda Galiza na comarca de Ordes; e proporcionar protección no PXOM á poboación da ra de San Antón (especie protexida), clasificando como Solo de Especial Protección de Augas a totalidade do sistema fluvial que alimenta o caudal do Rego da Lesta.