Novas

  • Isabel Vilalba nunha nova xuntanza do grupo de traballo da ECVC sobre a Carta de Dereitos Labregos da ONU

    Isabel Vilalba nunha nova xuntanza do grupo de traballo da ECVC sobre a Carta de Dereitos Labregos da ONU

    • 03,Xuñ 2015
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    Respecto disto, o meirande dos estados membros da Unión Europea son contrarios a esta declaración, polo que a cuestión central do encontro da ECVC no que participa Isabel Vilalba será buscar maneiras de exercer presión sobre os gobernos dos estados comunitarios de cara a que o traballo sobre a Declaración dos Dereitos Labregos poida ter continuidade.

    O traballo de lobby é importante para acadar o apoio dos diversos países para secundar o proceso de elaboración da Carta dos Dereitos Labregos. Sen ir máis lonxe, o 27 de xuño de 2014, xa houbo que votar para dar continuidade ao grupo de traballo intergobernamental. Daquela, 29 países votaron a favor, 13 abstivéronse e 15 posicionáronse en contra. Grazas ao traballo de lobby, países como Francia, Austria, Irlanda, Alemaña ou Italia, que tiñan votado en contra no ano 2012, desta vez abstivéronse.

    No Estado Español, representantes da ECVC teñen mantido xuntanzas con Cristina Fraile e Inés Yarza, directora e xefa de servizo, respectivamente, da Oficina de Dereitos Humanos do Ministerio de Asuntos Exteriores, para tratar de reconducir a posición negativa do Estado Español diante da Declaración de Dereitos Labregos.

    ECVC na ONU