Marcos sentou no banco dos acusados tras ser denunciado pola empresa Cementos Cosmos. O seu suposto delito: facer públicas as ilegalidades e a desfeita que esta empresa mineira está a perpetrar no entorno da canteira de Vilavella.
No Sindicato Labrego Galego, como o resto de colectivos que formamos parte de contraMINAcción, acreditamos xusto o contrario: Marcos Celeiro exerceu o seu dereito e o seu deber como cidadán e veciño de Triacastela a chamar a atención e divulgar datos sobre a acción devastadora de Cementos Cosmos no seu concello, empresa da que existen probas fidedignas que demostran numerosas irregularidades e atentados contra o patrimonio natural e arqueolóxico do noso país. Por iso, dende contraMINAcción, confiamos en que a xuíza que leva o caso absolva a Marcos Celeiro dos falsos cargos que lle pretenden imputar, do mesmo xeito que confiamos en que as autoridades fagan cumprir a lei a Cementos Cosmos na súa xestión da canteira de Vilavella.
O Sindicato Labrego Galego non foi o único que apoiou a Marcos Celeiro. Medio cento de organizacións sociais e colectivos de dentro e fóra de Galiza asinaron un manifesto en solidariedade co presidente da Asociación O Iribio:
