A raíz do remate deste prazo, o coordinador do Sindicato Labrego Galego na comarca de Arzúa, Xulio Fernández, celebrou, o 25 de marzo, unha asemblea informativa en Arzúa con persoas afectadas para ultimar as súas reclamacións, algunhas das cales aínda se entregaron no transcurso da xornada de hoxe.
En total, ese día ascendían a unhas 60 persoas -principalmente gandeiros e gandeiras socias da cooperativa a quen se lles deben entregas de leite- e entidades -bancos, Seguridade Social, Axencia Tributaria, etc.- as que reclamaban débedas pendentes a La Arzuana que ascendían a máis de 280.000 euros. Estas cifras aínda poderían verse incrementadas por reclamacións de última hora durante a xornada do 26.