A festa comezará cun xantar compartido ás 14:00 horas e estará amenizada ao longo do serán con competicións de xogos tradicionais, música e o sorteo dun año entre as persoas que participen. A asistencia é libre e pode vir quen queira, aínda que non sexa afiliado ou afiliada do SLG. Deste xeito, o SLG de Ordes dá continuidade a unha festa de irmandade labrega que tivo como escenario da súa anterior edición a parroquia das Encrobas, en Cerceda.
Imaxe de arquivo da novena edición da Romaría labrega por un mundo rural vivo, celebrada nas Encrobas