-
Mobilizacións da Coordinadora Europea da Vía Campesina en Bruxelas para defender as sementes labregas
- 04,Feb 2014
- Posted By : sicom
- 0 Comments
Os labregos e labregas da ECVC defenden que as súas sementes son indispensables para alimentar á humanidade. Só eles e elas poden responder aos retos de facer unha agricultura libre de pesticidas tóxicos, protexer o medio ambiente e loitar contra o cambio climático. Só a agricultura labrega arrefriará o planeta para reverter o quecemento global.
Cómpre prohibir os transxénicos, pois calquera tipo de coexistencia é imposible e tamén prohibir os dereitos de propiedade intelectual sobre a vida que lle permite ás industrias confiscar tódalas sementes do planeta.
Os labregos e labregas da ECVC demandamos das institucións europeas recoñecer estes dereitos en tódalas normativas sobre sementes. De seguido, algunhas das voces que se puideron escoitar en Bruxelas o pasado 20 de xaneiro.
- Andrea Ferrante, labrega italiana, denunciou “as patentes sobre os xenes das plantas que afectan ás sementes labregas para facelas propiedade privada das multinacionais”.
- Hanny Van Geel, labrega holandesa, afirmou que “só a preservación da biodiversidade garantida pola renovación constante das sementes labregas pode ofrecer aos consumidores e consumidoras unha alimentación sa e de calidade”.
- Guy Kastler, labrego francés, declarou que “as sementes labregas poden adaptarse, sen a axuda de produtos químicos, a calquera terra porque a súa selección en multiplicación produciuse de xeito natural sobre o terreo”.
- Unai Aranguren, labrego vasco, mantivo que “non pode haber soberanía alimentaria sen sementes labregas”.
- Elizabeth Mpofu, labregas de Zimbabwe coordinadora xeral da Vía Campesina, rematou a rolda de intervencións dicindo que “os labregos e labregas de África teñen aínda nas súas mans tódalas sementes seleccionadas e conservadas polos centos de xeracións que lles precederon. Eles e elas comprométense a cultivalas, conservalas e protexelas dos transxénicos e as patentes co fin de de transmitir este tesouro ás xeracións futuras que as necesitarán para alimentarse. Por esta mesma razón, as leis europeas non deberían atentar contra os dereitos dos labregos e labregas do mundo”.
