O obxectivo da concentración foi pór o punto de atención nas dificultades devanditas e reivindicar medidas que faciliten a instalación de labregos mozos e labregas mozas diante da crecente demanda (+79%). Dende COAG denunciouse que, máis que facilidades, os mozos e mozas que queren incorporarse á actividade agraria atópanse con atrancos coma “un auténtico sudoku burocrático, o atraso no pagamento de axudas, drásticas retalladas orzamentarias, restricións no crédito bancario, dificultades para acceder á terra ou unha nova Política Agraria Común (PAC) que non facilita o relevo xeracional”. Neste senso, cómpre lembrar que tan só un 5’3% dos labregos e labregas teñen menos de 35 anos e ás penas reciben o 5% das axudas da PAC.
Na protesta, de xeito simbólico, repartíronse 8.300 mazás entre a cidadanía como símbolo da necesaria frescura que precisa o campo para garantir un sector agrario sostible.
