O curso será impartido polo técnico David Castellanos e constará de dúas xornadas. A primeira, que será teórica, desenvolverase este xoves no local do SLG na Estrada (rúa Gradín, baixo) de 19:00 a 21:00 horas e nela impartiranse nocións básicas. A segunda xornada realizarase o sábado, 30 de novembro, de 10:00 a 14:00 horas, e será eminentemente práctica. Coas tesoiras de podar na man, os e as participantes perderanlle o medo a facer tarefas de mantemento e coidado das árbores froiteiras a través da poda, de cara a conseguir unha maior produtividade e calidade dos froitos.