Ao final, as asembleas que se fixeron nas diversas comarcas leiteiras decidíronse por ese aprazamento temporal, aínda que o meirande da afiliación era partidaria de seguir coas mobilizacións até acadar ese prezo mínimo necesario. A decisión tomouse porque outros colectivos convocantes da folga de entregas xa asumiron a desconvocatoria de facto ao remate da xuntanza do 28 de novembro, rachando a unidade necesaria para poder manter as protestas. En calquera caso, optouse por unha suspensión temporal da folga co obxectivo de dar un prazo curto e razonable -entre unha e dúas semanas- para que se poidan articular os mecanismos legais necesarios para fixar ese prezo mínimo, así como levar a cuestión a un ámbito estatal coa industria, as distribuidoras e o Ministerio de Agricultura. Se ao final deste proceso non temos ese prezo mínimo, retomaríanse as mobilizacións.

Concentracións diante das factorías de Puleva e Lactalis durante nas primeiras xornadas da folga de entregas do sector lácteo (27 e 28 de novembro)