Neste encontro houbo avances, como a vontade da distribución de pagar mellores prezos polo leite e deixar de utilizalo como produto reclamo; polo que, agora mesmo, tal e como dixo a secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba, “a pelota está no tellado da industria”. En calquera caso, e de xeito indefinido, a folga de entregas segue en marcha.
