Novas

  • Lácteos Tambre obrigada polo xulgado de Ordes a saldar a súa débeda coas explotacións que a denunciaron por impago so pena de ser embargada

    Lácteos Tambre obrigada polo xulgado de Ordes a saldar a súa débeda coas explotacións que a denunciaron por impago so pena de ser embargada

    • 16,Dec 2011
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    A concentración de denuncia contou coa presenza da secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Carme Freire; e do membro da Executiva e gandeiro de Oroso, Xosé Manuel Calvo Rei. Ambos informaron de que os servizos xurídicos do SLG pediron hoxe a execución provisional das tres sentenzas falladas, até o de agora, polo xulgado de Ordes, e que obrigan a Lácteos Tambre a pagar. En caso de que a láctea persista na súa negativa a ingresar os cartos que debe, o xulgado procederá ao embargo dos seus bens, a pesares de que, tal e como adiantou Víctor Vázquez Cao, outro dos gandeiros afectados que traballa nunha explotación de Vilagudín (Ordes), “Lácteos Tambre está a utilizar todos os trucos legais ao seu alcance para demorar canto poida os pagamentos”.

    Carme Freire non dubidou en sinalar responsabilidades políticas neste problema, diante da inhibición da Consellaría de Medio Rural e dos partidos políticos da oposición. “Xa que non queren saber deste problema a través das denuncias públicas”, declarou a secretaria xeral do SLG, “a semana que vén imos presentar un dossier ante Medio Rural para que se dean por informados no Goberno Galego da crítica situación pola que están atravesando estas explotacións, da débeda que mantén Lácteos Tambre con elas e do proceso xudicial. Con todos estes datos sobre a mesa, agardamos que Samuel Juárez condene actitudes como a desta empresa que, mantendo indefinidamente impagos ás explotacións que lle subministran o leite, se atreve a presentar unha oferta de doce millóns de euros para adquirir Clesa; e agardamos tamén que todos os partidos políticos galegos fagan unha condena no mesmo sentido”. Gandeiras como Feli Mato, que rexenta unha das explotacións afectadas pola morosidade de Lácteos Tambre en Gorgullos (Tordoia), incidiu no mesmo reclamando dos partidos políticos e do Goberno Galego un pronunciamento para saber “de que lado están”.

    Carme Freire cualificou o silenzo da Administración ante este problema de “complicidade e aval para que empresas e empresarios sen escrúpulos como Lácteos Tambre e Ríos Sanguiao negocien coa nosa vida e coa dos nosos fillos e, por riba, queden impunes publicamente”.

    En Lácteos Tambre

    undefined