Novas

  • O Sindicato Labrego inicia unha campaña de recollida de sinaturas contra o traslado da oficina agraria comarcal da Estrada

    O Sindicato Labrego inicia unha campaña de recollida de sinaturas contra o traslado da oficina agraria comarcal da Estrada

    • 09,Mai 2011
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    O Sindicato Labrego Galego oponse a este traslado porque vai causar graves prexuízos aos usuarios e usuarias dos servizos de extensión agraria por varios motivos. En primeiro lugar, levar a oficina agraria comarcal á sede da fundación afastará este servizo das explotacións dos concellos de Forcarei e Cerdedo. Ademais, producirase un serio entorpecemento de calquera xestión que necesite servizos que se ofrecen na vila, tales como ingresos bancarios, realización de fotocopias, compulsas, etcétera, obrigando a desprazamentos agora innecesarios e aumentando unha carga burocrática que, moitas veces, nas actividades agropecuarias, resulta asfixiante.

    Neste intre, o Sindicato Labrego Galego xa puxo en marcha unha recollida de sinaturas que, en canto remate, trasladará á Consellaría de Medio Rural xunto co fondo malestar das explotacións agrarias e gandeiras de Tabeirós-Terra de Montes.