Novas

  • O Sindicato Labrego Galego critica o oportunismo electoral do real decreto lácteo e o seu baleiro de contidos

    O Sindicato Labrego Galego critica o oportunismo electoral do real decreto lácteo e o seu baleiro de contidos

    • 15,Abr 2011
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    ara Carme Freire, o encontro respondeu unicamente ao oportunismo electoral do Ministerio de Medio Rural, habida conta de que o real decreto lácteo, publicado no BOE o 1 de abril, non supuxo ningún cambio para o sector. Freire explicou que o real decreto “só di que se crean as organizacións de produtores lácteos, e non fala de nada máis. O resto de medidas que articula, están todas supeditadas a que obteñan o seu referendo político e xurídico na Unión Europea”.

    Por mor do devandito, Carme Freire preguntoulle a Tamarit cal vai ser a posición do Estado Español nas negociacións que se están a desenvolver en Bruxelas de cara a dar contido a ese real decreto lácteo: “Queremos saber se o Estado Español vai defender que siga habendo control da produción público para que haxa prezos; queremos saber se os produtores e produtoras imos ter a capacidade real de negociar un prezo base por baixo do cal non poida pagarnos a industria; e queremos saber como van facer para que as grandes multinacionais da distribución respecten tamén unhas regras do xogo e non teñan a liberdade que teñen agora para botar por terra, ao seu antollo, o valor do leite”. A pesares das preguntas formuladas durante o encontro, Eduardo Tamarit non deu resposta a ningunha delas, polo que, para a secretaria xeral do SLG, “o único obxectivo da xuntanza foi escenificar unha preocupación polo sector lácteo que, polo de agora, non se articulou en ningunha medida concreta” 

     

     

     

    undefined

     

     

    Xuntanza con Tamarit