Novas

  • O SLG apoiou a folga xeral do 27 de xaneiro en defensa dos intereses dos labregos e das labregas

    O SLG apoiou a folga xeral do 27 de xaneiro en defensa dos intereses dos labregos e das labregas

    • 27,Xan 2011
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    Este prexuízo, como xa denunciou o SLG en días pasados, ten que ver tanto coa saúde das persoas -a profesión labrega ten unhas esixencias e desgaste físicos que a fan desaconsellable máis alá dos sesenta anos de idade-; como coa imposibilidade de boa parte do sector de cotizar os anos necesarios para ter dereito a unha xubilación. Respecto deste último problema, afecta de cheo ás mulleres que, polo xeral, non adoitan a cotizar a pesares de traballar man a man cos seus cónxuxes nas explotacións. Ademais, as novas regras para calcular as pensións farán que estas sexan aínda máis misérrimas do que o son agora.

    O Sindicato Labrego Galego expresou o seu apoio á folga xeral secundando o meirande das manifestacións que se desenvolveron na Galiza. Así, as persoas que integran a Executiva do SLG participaron nos actos de protesta en diversas comarcas:

    • Compostela: Carme Freire (secretaria xeral), Lidia Senra (secretaria de organización), Xosé Manuel Calvo (secretario de ordenación territorial e estruturas) e Mariano Pazos (secretario de formación e servizos).
    • Lugo: Ana Rodríguez (secretaria de desenvolvemento rural) e Adolfo Cabarcos (secretario dos sectores gandeiros)
    • Ourense: Xosé Manuel Parente (secretario dos sectores vexetais).
    • Verín: Charo Sánchez Parga (secretaria de medio ambiente, terra e montes)
    • O Barco: Manuel Docampo (secretario de relacións laborais e responsábel do sector do viño).
    Folga 2
    Folga 3
    Folga 4
    Folga 5
    Folga 1
    Folga 6