Novas

  • A Terra Chá anunciou hoxe o percorrido da mobilización comarcal do 29-S

    A Terra Chá anunciou hoxe o percorrido da mobilización comarcal do 29-S

    • 22,Set 2010
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    Entre outras accións comarcais previstas para o vindeiro 29 de setembro, xornada de folga xeral, o Sindicato Labrego Galego, convocará unha manifestación que terá lugar na localidade de Vilalba, prevéndose que comece ás 12:00 h . na Rúa LOIS PEÑA NOVO (diante da estación de autobuses), e rematando en PRAZA DA CONSTITUCION (diante do Concello ) , aproximadamente ás14:30 h. , e seguindo o seguinte itinerario :

    Rúa Lois peña Novo, de onde partirá-seguindo por: Campo de puente – .Rúa da Pravia – Avda. de Galicia.- .Avda.Tierra Llana- Rúa Carmiña Prieto Rouco- Ata Praza da Constitución nº 1 ., onde rematará , coa celebración dunha concentración diante do concello.

    O acto reivindicativo demandará unha nova política agraria que garanta prezos e rendas para as labregas e os labregos así coma a defensa e mellora dos servizos públicos no medio rural.

     

    Manifestación e concentración que  levaranse adiante co lema “Outro modelo económico é posible”.

    rDp vILALBA

    Adolfo Cabarcos  -Secretario de Sectores Gandeiros- e Margarida Prieto -Coordenadora comarcal da Terra Chá-.