Novas

  • Xornada formativa en olivicultura  na comarca de Valdeorras

    Xornada formativa en olivicultura na comarca de Valdeorras

    • 08,Abr 2010
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

     

    Baixo o título “Calidade das producións. Cultivo da oliveira na comarca de Valdeorras” esta xornada enlaza co traballo que vén desenvolvendo dende o ano 2007 o SLG para a introdución da oliveira nestas zonas.

    A cargo de Joâo Helder Fernandes Teixeira, enxeñeiro agrónomo e técnico da Cooperativa de Vilaflor (Portugal), esta actividade formativa comezará ás 17,00hrs do venres na Casa Grande de Viloira (concello d´O Barco), continuando ao longo da xornada do sábado (11:00hrs-20:00hrs) no centro social do concello de Larouco (Seadur).