Novas

  • A Coordinación Europea Vía Campesina no Foro Paralelo dos pobos: Basta de palabras, poñamos en marcha a soberanía alimentaria!

    A Coordinación Europea Vía Campesina no Foro Paralelo dos pobos: Basta de palabras, poñamos en marcha a soberanía alimentaria!

    • 13,Nov 2009
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    Entre máis de 400 delegados e delegadas chegadas de 70 países diferentes, voceir@s de organizacións de pequenos produtores/as, campesiños/as, pescadores/as, pobos indíxenas, operarios/as agrícolas xornaleiros/as e do sistema agro-alimentario, organizacións de mulleres, mozos e mozas de zonas rurais e pastores/as ao mesmo tempo que os representantes de comunidades urbanas, que son vítimas da inseguridade alimentaria e de ONG’s, os e as campesiñas europeas da Vía Campesina continuaremos o traballo para responder ao problema da fame que hoxe en día afecta a máis de mil millóns de persoas.

     As causas desta traxedia humana son múltiples, pero pódese resumir na incapacidade dos Estados e institucións rexionais e mundiais de pór en marcha políticas agrícolas e alimentarias que dan prioridade ao interese público. Guiados por empresas multinacionais, que operan segundo a lóxica única do beneficio, e polas institucións non democráticas de ideoloxía neoliberal, as solucións reais non foron o suficientemente desenvolvidas namentras que segue a comercialización e a especulación da terra e dos produtos alimentarios.

     A responsabilidade Europea é importante. As súas políticas agrícolas produtivistas favorecen os excedentes e o dumping sobre os mercados dos países do Sur en prexuízo do s labregos e labregas locais, e os nosos países participan da especulación mundial sobre os produtos alimentarios. As multinacionais de sementes, agro-alimentarias ou da gran distribución que se desenvolveron en Europa son hoxe moi agresivas a escala mundial e contribúen amplamente ao incremento do empobrecemento.

    No 1996, o Foro da Sociedade Civil lanzaba o principio da Soberanía alimentaria, como resposta aos 850 millóns de famentos de entón. A soberanía alimentaria é o dereito dos pobos e nacións de definir as súas propias políticas alimentarias e de promover sistemas de alimentación locais, respectuosos cos medios de subsistencia das poboacións, de culturas e do ambiental.

    No 2009, tras anos de falsas solucións que só agravaron as crises, o Foro da Soberanía Alimentaria dos Pobos seguirá traballando para a modificación das políticas agrícolas e alimentarias, para o desenvolvemento dunha agricultura labrega, o achegamento entre quenes viven nas cidades e quenes viven no rural, a loita para o acceso aos medios de produción e contra o acaparamento das terras.

    Estas posicións serán as levadas pola Vía Campesina Internacional ao Cumio Mundial da Alimentación da FAO nestes días en Roma.

    A Vía Campesina defenderá a necesidade dunha nova gobernanza para a alimentación e a agricultura co fin de resolver a crise alimentaria así como a actual crise climática.

     As políticas alimentarias non deben deixarse nas mans do “club dos doantes” e das institucións financeiras.

    Un sistema de gobernanza democrática, a imaxe do evocado no seo do Comité de Seguridade Alimentaria Mundial da FAO, debe ser posto en marcha inmediatamente para garantir aos países e aos pobos do mundo o dereito a pór en marcha a soberanía alimentaria.

    É no marco dun diálogo aberto e construtivo entre os gobernos e a sociedade civil máis afectada o tema da fame e da produción alimentaria, que se poderán construír solucións duradeiras fronte á crise.

     

    Contactos :

    Geneviève Savigny: +336 25 55 16 87 (nov 13-16) FR

    Annelies Schorpion (staff): +39 3312861096 (Nov 12-18) ES – FR-EN-NE

     

    Rolda de prensa –

    16 de novembro, 10:00hrs, Roma, Carpa da Soberanía Alimentaria no parque fronte ao edificio da FAO A ECVC denuncia as manobras de acaparamento de terras que se están a dar a nivel global*

    Representantes de organizacións campesiñas e movementos sociais que participaron directamente na loita contra esta onda de apropiación global de terras, confluirán en Roma.

    Tamén estarán presentes ONGs e grupos de activistas que levaron a cabo extensas investigacións e análises sobre o tema.

    O 16 de novembro, a Vía Campesiña e GRAIN levarán a cabo unha sesión informativa especializada e unha acción simbólica sobre a apropiación mundial de terras para os medios de comunicación .

    Voceir@s:

    -Renée Vellvé (GRAIN),

    -Mugi Ramanu (Indonesian Peasant’s Union),

    -Ralava Beboarimisa (Collectif pour la défense des terres malgaches).

    Moderador: Nettie Wiebe (Via Campesina)

    Contactos de prensa (Inglés, Francés, Español):

    Devlin Kuyek (GRAIN):
    +1 5145717702 (até o 12 de nov.)
    +39 3490657014 (13-17 de nov.)
    devlin@grain.org
    www.grain.org y farmlandgrab.org
    Annelies Schorpion (Via Campesina):
    +32 474847280 (hasta el 11 de nov.)
    +39 3312861096 (12-18 de nov.)