Retomados dende o pasado mércores 23, estes actos reivindicativos levados adiante polo Sindicato Labrego Galego canda gandeiras e gandeiros de todo o sector, enmarcados nas mobilizacións que dende o pasado 10 de setembro están tendo lugar en tódolos países produtores de leite da UE, teñen coma obxectivo manter a presión da opinión pública sobor das medidas que dende as instancias europeas teñen que ser inmediatamente postas en funcionamento para rematar coa asfixiante situación de abuso que o sector produtor leiteiro europeo vén denunciando dende fai xa máis dun ano.
Dende o Sindicato Labrego Galego, así coma dende as organizacións integrantes da Coordenadora Europea Vía Campesina, esiximos para rematar con esta crise o establecemento dun prezo mínimo para o leite que cubra custes de produción e remunere o noso traballo, a redución da produción para equilibrar produción e demanda, a redistribución da cota global europea en base a criterios sociais e o mantemento de mecanismos de control da produción.
Nesta mobilización empregáronse aproximadamente 85.000litros de leite, trasadados en 10 cisternas, e cedidos pola práctica totalidade de explotacións da comarca, unhas 450 aproximadamente, comprendendo os concellos de Abadín, Guitiriz, Xermade, Vilalba, Cospeito e Castro de Rei.
Vídeos da mobilización:
http://www.youtube.com/watch?v=z-qzRysZtos
http://www.youtube.com/watch?v=YB3HiHloq98
http://www.youtube.com/watch?v=BTfgcM65SFY
http://www.youtube.com/watch?v=wMGyUPLJiPo

O gandeiro Xosé Luis Cendán e a Secretaria Xeral do SLG, Carme Freire, dan conta dos motivos que nos levan a manter activas as mobilizacións no sector leiteiro.
Conchi, gandeira de Friol, traslada aos medios de comunicación as nosas reivindicacións.

Carme Freire, Secretaria Xeral, e Lupe Prado, gandeira luguesa e Responsábel do Sector Leiteiro.


Arquivo de audio para descarregar: declaracións de Lupe Prado, Responsábel do Sector Leiteiro.