COMUNICADO DE PRENSA DA COORDENADORA EUROPEA VÍA CAMPESINA
Hoxe, mércores, en Bélxica, produtores e produtoras de leite do FUGEA (membro da ECVC) e do MIG (membro de EMB) verqueron nun campo o equivalente á produción leiteira dun día en Walonia.
Os últimos días o número de produtores de leite que se suicidan aumenta dramaticamente e hai casos que non se fixeron públicos.(1)
Son accións de desesperación ante o desprezo e a irresponsabilidade da Unión Europea (Gobernos e Comisión), que se negan a desbloquear a situación e a cambiar a política leiteira, A responsabilidade é grande tamén do COPA (Comité de Organizacions Profesionais Agricolas, que reaxiron en contra da mobilización dos e das productoras (2).
(1)3 produtores suicidaronse na última semana no Departamento de la Manche e outro inmolouse con lume no Finisterre (Francia)
(2)Ao presidente da FNSEA, ex presidente do COPA, foille impedido por gandeiros inaugurar o salon de gandería de Rennes pola súa actitude contra a folga do leite
Gandeiras e gandeiros franceses en folga. REUTERS.