Novas

  • MOBILIZACIÓNS EN ESTRASBURGO. CRISE DO SECTOR LÁCTEO

    MOBILIZACIÓNS EN ESTRASBURGO. CRISE DO SECTOR LÁCTEO

    • 13,Xul 2009
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    Unha delegación do Sindicato Labrego Galego, encabezada pola Secretaria de Organización, Lidia Senra Rodríguez, viaxa neste momento cara cidade francesa para participar, xunto con agrupacións de gandeiros e gandeiras de toda Europa, nas mobilizacións programadas.

    Está previsto que as organizacións convocantes se reúnan mañá cos/as europarlamentarios/as dos distintos países, para dar a coñecer as propostas para mitigar os efectos da crise nas explotacións lácteas. Entre as principais reivindicacións, destacan especialmente:

    • Reducir a produción láctea europea como primeiro paso para eliminar o acordo da UE que fixa o incremento dun 1 % anual da cota láctea asinada a cada EE.MM.

    • Introducir un control público da produción que adapte a oferta e a demanda.

    • Garantir unha renda suficiente a tódolos produtores e produtoras de leite, gracias ó control da produción e ao establecemento dun prezo mínimo de compra por parte das industrias lácteas, que alomenos cubra os custes de produción e traballo.

    • Suprimir as axudas á exportación.

    • Promover un modelo de produción extensivo, en base á terra e menos dependente dos insumos externos.

    • Desenvolver unha nova política láctea dentro da PAC, onde prime a soberanía alimentaria como base da mesma.