Novas

  • Responsábeis da Semana Verde de Galiza impiden ao SLG o reparto de información sobre a tractorada

    Responsábeis da Semana Verde de Galiza impiden ao SLG o reparto de información sobre a tractorada

    • 12,Xuñ 2009
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    Tras o silenzamento informativo imposto no día de onte ao respeito da presenza de gandeiras e gandeiros do sector leiteiro na Feira Internacional Semana Verde de Galiza, onde ao longo destes días está previsto o reparto de folletos informativos das reivindicacións que se visibilizarán o vindeiro mércores 17 de xuño na tractorada ás cidades convocada polo SLG, na mañá de hoxe o persoal responsábel do evento impedíu  o reparto de información no recinto e diante da porta, á Secretaria de Organización  do SLG e responsábel dos Sectores Gandeiros a nivel europeo na Coordenadora da Vía Campesina,  Lídia Senra Rodríguez.

    Dende o Sindicato Labrego Galego amosamos a nosa máis fonda indignación polo ataque á liberdade de expresión do sector feita efectiva na mañá de hoxe.

    Eliminadas arestora as alusións á tractorada nos medios  de comunicación públicos, encetada a volta aos criterios xornalísticos do Partido Popular coa supresión inicial dun documental sobre as vacas tolas, a censura informativa adquiríu nesta mañá  a máis dramática das metodoloxías: o silenzamento das fontes directas, as gandeiras e gandeiros da Galiza.

    É este o “compromiso  co sector” do que  alardea a Xunta da Galiza?