Novas

  • O sector leiteiro da Galiza está en loita. Demandamos un prezo  que nos permita vivir  do noso traballo

    O sector leiteiro da Galiza está en loita. Demandamos un prezo que nos permita vivir do noso traballo

    • 27,Mai 2009
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    Perante das informacións ao respeito de posíbeis solucións para as dúas explotacións d´A Mariña ás que Lácteos Lence suspendeu a recollida o pasado sábado por tentaren negociar un prezo para o seu leite, o Sindicato Labrego Galego quere transmitir:

     

    Que ás 11.00h do presente mércores 27 de maio, ningunha empresa se puxo en contacto cos gandeiros afectados, pese á comunicación realizada polo alcalde de Barreiros a estas dúas explotacións de que había posibilidades de recollida.

     

    Que ás 12,00h de hoxe, mércores 27, terá lugar unha concentración do sector produtor de leite da Galiza, diante da Consellaría do Medio Rural en Santiago de Compostela, para demandar medidas políticas que garantan o establecemento dun prezo base mínimo para o noso leite e garantía de recollida.

     

    VIDEOS:

     

    declaracións de Carme Freire 

    Lupe Prado, responsábel do Sector leiteiro

    Francisco Muiño, gandeiro da Mariña 

    Pra que queremos políticos tendo ao señor Lence

    Intervención de Carme Freire

    Son gandeira porque quero

     

    máis FOTOS na galería

     

    270509