Esta mañá unha delegación da Coordenadora Europea Via Campesina reuniuse co Presidente do Consello Agrícola Europeo, o Ministro de Agricultura checo, Sebesta Jacob.
Entre as integrantes da delgación atopábase Lidia Senra Rodríguez, Secretaria de Organización do SLG, que foi a encarregada de transmitirlle ao Presidente a situación de crise e de mobilizacións nas que se atopa o sector lácteo a nivel europeo (No dia de hoxe tiveron como escenario Galiza, Francia e Bruxelas) así como as propostas da Coordenadora Europea Vía Campesina para sair da mesma.
Prantexámoslle a necesidade de que da reunión desta tarde do Consello Agrícola saian con acordos claros sobre a necesidade de garantir prezo que cubra costes e traballo. Para esto cómpre que reconsideren os acordos de novembro sobre liberalización do mercado do leite, eliminando xa o un por cento anual da cota, reducindo a producción global europea ate equiparala ao consumo e redistribuindo a producción entre productoras e productores da UE, mantendo o control público da producción.
Agardamos que tanto o Presindente como as ministras e os ministros tomen nota do que esta pasando en todas as zonas produtoras de leite da UE,. e que da reunión de hoxe saia algunha solución que poña as bases para que os productores e productoras de leite poidan seguir vivindo do seu traballo.