Novas

  • Medidas acordadas tras a reunión mantida con gandeiras e gandeiros afectados por falsos positivos de tuberculose no gando vacún

    Medidas acordadas tras a reunión mantida con gandeiras e gandeiros afectados por falsos positivos de tuberculose no gando vacún

    • 21,Abr 2009
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    Medidas acordadas tras as reunión mantida na mañá de hoxe n´A Estrada con gandeiros e gandeiras afectadas por falsos positivos en tuberculose :

    1.   Acordamos demandar do Xefe de Sanidade Animal da comarca Deza-Tabeirós que suspenda a marcaxe e o posterior sacrificio dos animais que deron positivo “dubidoso” en canto non se acade un acordo co responsable de sanidade animal do novo goberno.

    2.   Realizar novas probas, dado que os/as afiliados/as denuncian que non se fixeron correctamente en moito casos, e que ademais temos constancia de que só o 0,01 dos casos de vacas dubidosas de tuberculose dá positivo na análise post mortem, o que demostra a escasa fiabilidade das probas actuais.

    3.   No caso que se confirmen as vacas positivas, solicitamos que se lle dea a posibilidade ao/á gandeiro/a de elexir o típo de sacrificio (selectivo ou baleirado) e coas mesmas indemnizacións (indemnización por animal sacrificado e lucro cesante); e tamén que o baremo para indemnizar os animais sexa o mesmo que emprega Agroseguro, onde se teñen en conta, ademais da idade, tipo de animal, xenética, raza, tipo de explotación –intensiva, extensiva, ecolóxica, etc-.

    4.   Solicitar outra entrevista co novo responsable de sanidade animal para xestionar esta situación, unificar criterios en todo o país, mellorar o sistema para detectar esta enfermidade e mellorar as axudas en caso de positividade.


    OBTERÁN MÁIS INFORMACIÓN CONTACTANDO CON

    Marcos Louzao, Responsábel Comarcal Tabeirós-Terra de Montes

    TLF: 659 211 523

    Adolfo Cabarcos, Secretario de Sectores Gandeiros no SLG,

    TLF: 686 304 122

    Carme Freire Cruces, Secretaria Xeral do SLG,

    TLF: 619 348 426