Novas

  • Mariam Sissoko, Coordinadora en África da organización labrega internacional Vía Campesina, aboradará os impactos do cambio climático na agricultura

    Mariam Sissoko, Coordinadora en África da organización labrega internacional Vía Campesina, aboradará os impactos do cambio climático na agricultura

    • 21,Abr 2009
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    Na mañá de hoxe, a presidenta da CNOP -Coordinación Nacional de Organizacións Campesiñas de Mali- e coordinadora en África do movemento Vía Campesina, Mariam Sissoko, trasladou en rolda de prensa en Santiago de Compostela o seu apoio aos pequenos labregos se labregas da Galiza.

     Asemade, sinalou a grande importancia que a agricultura ten tamén no seu país, Mali, onde un 80% da poboación se adica a esta actividade, sendo ademais as mulleres (que representan un 56% da poboación total) quenes asumen a meirande parte do traballo, ao que se lle engade o coidado da familia e a xestión dos fogares.

     M. Sissoko salienteou as dificultades para acceder á auga coma unha das máis graves problemáticas das labregas e labregos de Malí, quenes malia a ser o 80% da poboación constitúen o estrato social con maiores dificultades económicas.
    Baixo o título “Consumo responsable e Cambio climático”, Mariam Sissoko abordará os impactos que o cambio climático supoñen na agricultura.

    Sissoko debullará tamén o traballo que desde a CNOP e Vía Campesina se está facer a prol da loita pola soberanía alimentaria no continente, así como a necesidade de fomentar un medio rural vivo en confrontación ao modelo de produción e consumo capitalista.
    ***
    Mariam Sissoko dará conferencias nas principais vilas galegas entre o 21 e o 24 de abril.

     

     

     

     

     

     

     

    OBTERÁN MÁIS INFORMACIÓN CONTACTANDO CON

    Lídia Senra Rodríguez, Secretaria de Organización do SLG, Responsábel de Sectores Gandeiros na Coordenadora Europea Vía Campesina e membro da Comisión Internacional de Mulleres da Rexión Europea (Vía Campesina)

    TLF: 609 845 861